SERVIZOS

Deseño de identidade

Deseño Web

Edición editorial

Gráfica Publicitaria

Gráfica bodas & eventos

Packaging

Ilustración

Lettering

Deseño aplicado a textil

CLIENTES & COLABORACIÓNS

ETSAC + Universidade

da Coruña

RESIS Festival

LEDICIA Audiovisual

STXNERS Music

TAM TAM Xestión Creativa

HUMANS Brigade

ALCORTE Films

Ola!

Chámome Paloma Rodríguez, son Deseñadora Gráfica Freelance e resido en Abegondo, na provincia de A Coruña. Graduada en Deseño Gráfico pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, guiada pola paixón polo arte, a creatividade e a comunicación visual dende unha idade moi temprá. 
 
Comecei o meu camiño no mundo laboral realizando as prácticas no estudo Xaniño, traballando principalmente no deseño de identidade e gráfica publicitaria (cartelería, flyers, papelería...) así como realizando pequenos traballos de ilustración.
Aínda que son unha apaixonada da ilustración dende ben pequena e sempre formou parte da miña vida, non foi ata finalizar os meus estudos cando empecei a velo como un valor engadido ao meu traballo como deseñadora.
 
Realizando a identidade, deseño e ilustracións do primeiro disco da banda The Sonic Headlight, empecei a interesarme pola ilustración e o deseño dentro do mundo da música. A partir de entón teño realizado deseños para outras bandas de música, eventos e institucións culturais.
Ao rematar os meus estudos empecei a traballar coa empresa de alimentación canina Lobo Azul, encargándome do deseño das etiquetas e catálogos, principalmente.
 
Un par de anos despóis empecei o meu camiño como freelance dando os meus primeiros pasos realizando colaboracións co estudo audiovisual Ledicia, que permitiume realizar traballos de identidade, gráfica publicitaria e máis iniciarme no deseño web e á súa vez traballar en proxectos máis personais e únicos da súa man.
Actualmente estou a cargo do deseño web do Festival de Música Contemporánea e Artes Relacionadas RESIS de A Coruña, traballando tamén para clientes como a Universidade da Coruña ou Stxners Music, entre outros.
Paralelamente continúo realizando proxectos personais de ilustración e deseño e aprendendo de forma contínua sobre todos os aspectos que abarca o campo creativo. Encántame moverme tamén dentro de áreas como a fotografía, a ilustración, a estampación, serigrafía... colaborando con amigos e incribles creativos en proxectos como Humans Brigade, colectivo artístico formado por artistas do norte de España (principalmente Asturias, Galicia e País Vasco) cuxo concepto xira arredor da magnitude e magnificencia da natureza que forma parte de todos nós dende o máis profundo como artistas e como persoas.
 
Se tes interés en botarlle un ollo ao meu CV, coñecer máis sobre os meus traballos, solicitar os meus servizos ou proporme proxectos interesantes, non dubides en contactar comigo.
 

© 2018 Paloma Rodríguez | Diseño grafico, ilustración A Coruña

  • Instagram
  • Linkedin