Lutega

IDENTIDADE VISUAL

Deseño de logotipo e principais aplicacións para LUTEGA, Lúpulo Tecnoloxía de Galicia, cooperativa galega que pretende a reimplantación do cultivo do lúpulo en Galicia, así como a súa transformación e comercialización entre os principais produtores de cervexa.

O punto principal foi plasmar a esencia xoven e activa da compañía creando unha identidade visual actual, simple e tecnolóxica que transmita a imaxe dunha compañía puntera e innovadora dentro do seu sector.

© 2018 Paloma Rodríguez | Diseño grafico, ilustración A Coruña

  • Instagram
  • Linkedin